FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER

TÍTULO: FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER
TIPOLOXÍA: Curso
ORGANIZADO POR: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo
LUGAR: on-line
DATAS: Do 7 de maio ao 6 de xuño de 2024 (sesións prácticas o 21 de maio e 6 de xuño de 2024)
HORARIO: Os martes e xoves, de 18:00 a 20:30 h.
PREZO: Gratuíto 
MODALIDADE: Telemática
DESCRICIÓN: Parte teórica en liña (20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos. Parte presencial, as sesións prácticas que supoñen unha carga lectiva de 5 horas levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20. Vigo).
- Contidos:
· Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada. Conceptos básicos.
· A transversalidade aplicada ao ámbito do tempo de lecer: a coeducación. Educar en igualdade: educación non sexista.
· Elementos clave para a planificación coeducativa no tempo de lecer : a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
· Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista.
- Formadora:
Cristina Rodríguez Ramos (experta en Xénero e Igualdade de Oportunidades)
DIRIXIDO A: Mulleres maiores de 18 anos.
INSCRICIÓN: Necesaria inscrición:
https://drive.google.com/file/d/1WVoXEE-9_7flZ_mh0_2-k01L8NCt22Fd/view
A ficha de inscrición enviarase asinada por vía telemática a: casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
- No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres de 17:30-21:30 h.
MÁIS INFORMACIÓN: Concellería de Igualdade do Concello de Vigo (Praza do Rei 1, 1º. Vigo). Luns a venres: 9:00-13:30 h.
986.810.284   /   ofi.muller@vigo.org
http://www.igualdadevigo.org/
 

vigo

Volver atrás